jueves, 4 de diciembre de 2014

AMBIENTE DE NADAL

A biblioteca do cole está preparada para a chegada do Nadal. Vinde a visitala! Está espectacular!


jueves, 19 de junio de 2014

FIN DE CURSO 2013/2014

A Trasnoteca agradeceu os seus axudantes a súa colaboración durante este curso cunha gran festa de despedida na que houbo bebidas, algunha larpeirada e agasallos para todos os alumnos e alumnas, que desinteresadamente colaboraron en todo o necesario. Moitas grazas a todos. FELIZ VERÁN!








jueves, 29 de mayo de 2014

REPRESENTACIÓN TEATRAL

Este ano rematamos as actividades da nosa biblioteca coa representación teatral "O PRINCIPIÑO" realizada polos alumnos/as de 6º B. A continuación veredes algunhas fotos. 






martes, 13 de mayo de 2014

CERTAME LITERARIO

Están expostos polos corredores do centro os finalistas do CERTAME LITERARIO "Falando de solidariedade". A entrega de premios terá lugar en Xunqueira de Ambía o venres 16 de maio a partires das 17.00 horas.

viernes, 9 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014 - Xosé María Díaz Castro

Xa tedes na biblioteca do cole varios exemplares de cómic coa vida e obra de Xosé María Díaz Castro, o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014. Esperamos que vos guste...


viernes, 28 de marzo de 2014

Día do libro 2014

Dende a biblioteca propoñemos un orixinal marca páxinas para todos os alumnos/as do CEIP Padre Feijoo de Allariz, conmemorando o día do libro (23 de abril).
A continuación veredes o video desta proposta tan divertida.



Aquí temos o resultado final a dita proposta. 



martes, 11 de marzo de 2014

LIPDUB "O ZOO DOS NENOS"

Un lip dub é un tipo de vídeo musical gravado dunha soa toma no que un grupo de persoas realiza playback e acompaña con movementos acompasados nun tema musical.
O colectivo de mestres/as e alumnos/as do CEIP Padre Feijoo de Allariz traballaron conxuntamente na proposta que xurdíu dende o equipo de biblioteca. 
A continuación presentamos o resultado final a dita proposta, despois de moitos ensaios e preparativos.